Excepcionalidade do cumprimento das condicións de habitabilidade reguladas no Decreto 29/2010 do 4 de marzo
- Tipo
- Licenza | Autorización
- Ámbito
- Urbanismo, vivenda e solo
- Destinatario
- Cidadanía en xeral
Todos os promotores das actuacións de rehabilitación ou de ampliación de edificios ou vivendas existentes, construídos ao abeiro da normativa de habitabilidade anterior ó Decreto 29/2010, do 4 de marzo, poderán solicitar a través dos concellos a excepción do cumprimento das condicións de habitabilidade nel establecidas, se como consecuencia da configuración física da edificación ou de singulares determinacións do planeamento, resultase imposible o cumprimento íntegro das determinacións destas normas.
Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.
Que documentación hai que presentar?
- Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 255, que corresponde co procedemento Y018.
- No suposto de que se actúe por representación, deberá presentar acreditación da representación.
- Anteproxecto, proxecto básico ou de execución, elaborado por persoal técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente, que recolla o estado actual da edificación e a intervención a realizar.
- Memoria, elaborada pola persoa autora do proxecto, na que se recolla a relación detallada das determinacións das normas de habitabilidade que se incumpren no proxecto e a xustificación dos motivos que imposibilitan ou aconsellan o seu incumprimento. Deberá indicar de forma expresa os epígrafes e puntos do anexo das NHV-2010 que se pretenden exceptuar.
Como cubrir a instancia/procedemento?
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo a intervención proxectada.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, suporá o desestimento da solicitude se non subsana a falla.
Onde se presenta?
No Rexistro Xeral
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.
Cando se presenta?
Con anterioridade ou simultaneamente á solicitude de licenza urbanística, comunicación ou declaración responsable.
Cal é o prazo para resolver?
O procedemento axustarase ás normas xerais da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O Concello resolverá e notificará no prazo máximo de seis meses sobre a autorización da excepcionalidade á vista do informe elaborado polo técnico municipal competente.
A resolución deberá estar convenientemente motivada e nela deberán indicarse expresamente as condicións das NHV-2010 cuxo cumprimento se exceptúa e aqueloutras para as que, figurando na solicitude achegada, non se considera xustificado autorizar a excepcionalidade ao seu cumprimento.
Canto custa?
Non sometido a tasas nin imposto
Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.
Quen resolve?
O órgano que teña atribuidas as competencias para a resolucións das licenzas urbanísticas.