Estratexia Lugo Transforma
- Tipo
- Fondo de capital risco emprendedores
- Ámbito
- Alcaldía,
- Desenvolvemento Local e Emprego
- Destinatario
- Autónomos, microempresas, pemes e familia
"Vídeo sobre Lugo, o tesouro verde no que invertir"
Estratexia Lugo Transforma
Lugo Transforma, é unha estratexia pioneira en Galicia no ámbito municipal, coa que se mobilizarán 12 millóns de euros a través da constitución dun fondo público emprendedor para a captación de novos investimentos para a cidade, atraer empresas e crear emprego sostible.
A Estratexia Lugo Transforma articularase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco. Deberán ser proxectos de alto valor engadido, tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación naqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental.
O Concello aposta por este tipo de fondos de emprendemento, que son moi apoiados no ámbito da Unión Europea porque, por unha banda, permítelle ás empresas o acceso ao financiamento de iniciativas que terían dificultades para acudir a recursos de fontes financeiras tradicionais e, por outra, pola rendibilidade xerada e a súa contribución ao crecemento económico xa que as empresas participadas son as que en maior medida melloran a súa solvencia e capacidade para obter financiamento privado, presentan un maior rigor na súa xestión, invisten máis en I+D+I e crean máis emprego de calidade.
Pregos da Estratexia Lugo Transforma
- Pregos (Descargar) [2]
Webs de Interese
Invest in Cities [3]
- Lugo forma parte da rede de cidades atractivas para a inversión. Trátase da maior iniciativa de atracción de investimento a cidades medias españolas, que se conforma como un gran escaparate para que os municipios presenten as súas vantaxes competitivas e os seus proxectos públicos e privados co fin de atraer investimentos aos seus territorios.
Desenvolvemento Local e Emprego [4]
- O Centro de Empresas e Innovación é unha iniciativa do Concello de Lugo orientada a ser un instrumento para a promoción económica da cidade e unha ferramenta de apoio para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Noticias de Interese
- Mércores, 27 de xullo de 2022 | O Concello de Lugo avalía a entrada no accionario de 4 empresas que innovan para modernizar o sector agroalimentario e xurídico [5]
- Xoves, 14 de xullo de 2022 | Lara Méndez: “A cidade sae reforzada co compromiso que o tecido produtivo amosou co Fondo Lugo Transforma para captar empresas” [6]
- Luns, 11 de xullo de 2022 | Lara Méndez presenta Lugo Transforma ao Goberno central e esperta o seu interese por habilitar instrumentos financeiros que permitan aproveitar os fondos europeos para xerar iniciativas similares [7]
- Venres, 05 de novembro de 2021 | Lara Méndez formaliza con Torsa Capital a xestión do fondo municipal emprendedor que transformará Lugo nos próximos 5 anos [8]
- Martes, 29 de decembro de 2020 | Lara Méndez prevé mobilizar en menos de 5 anos os 12 millóns de euros da estratexia Lugo Transforma para atraer empresas [9]
- Venres, 20 de novembro de 2020 | A alcaldesa acada o apoio unánime da Corporación á Estratexia Lugo Transforma [10]
- Luns, 16 de novembro de 2020 | Lara Méndez mobiliza 12 millóns de euros para atraer a Lugo empresas que xeren un alto impacto social e medioambiental [11]
- Venres, 13 de novembro de 2020 | Lara Méndez adquire o compromiso de Feijóo de apoiar a Estratexia Lugo Transforma e de estudar o centro de saúde para o Sagrado Corazón [12]