Comunicación urbanística de obras e usos do solo e subsolo
- Tipo
- Comunicación
- Ámbito
- Urbanismo, vivenda e solo
- Destinatario
- Cidadanía en xeral
A comunicación previa en materia de urbanismo é o documento no que a persoa interesada pon en coñecemento da administración municipal que reúne os requisitos para realizar una actuación urbanística, que non está suxeita a previa autorización mediante licenza municipal.
A comunicación presentada non constitúe un acto de autorización administrativa tácita, se non, unicamente a transmisión da información correspondente para os efectos do coñecemento municipal que posibilite o exercicio das facultades municipais de inspección e control sobre os actos do uso do solo e subsolo obxecto da comunicación previa.
Que actuación se poden comunicar ?
En particular, sométense ao réxime de comunicación previa:
a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, non precisen de proxecto de obras de edificación.
b) A execución de obras ou instalacións menores.
En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención de máis de metro e medio de altura, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.
c) A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.
d) O uso de voo sobre as edificacións e instalacións de calquera clase.
e) A modificación do uso de parte dos edificios e instalacións, en xeral, cando non teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio nin implantar un uso residencial.
f) A extracción de granulados para a construción e a explotación de canteiras, aínda que se produza en terreos de dominio público e estean suxeitos a concesión ou autorización administrativa.
g) As actividades extractivas de minerais, líquidos e de calquera outra materia, así como as de verteduras no subsolo.
h) A instalación de invernadoiros.
i) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
j) Os cerramentos e valados de predios.
Cando se realicen diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble presentarase unha única comunicación previa.
Exclúense expresamente:
- Aquelas obras sometidas a licenza urbanística, sinaladas no artigo 351 do Decreto 143/16, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia.142.2 da Lei 2/16 do solo de Galicia.
- Aquelas obras que non estando suxeitas a licenza municipal, poidan ser comunicadas de xeito inmediato e presencial nas dependencias municipais, relacionadas no artigo 3 da Ordenanza reguladora das comunicacións de obras.
Quen pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada para tal fin.
Que documentación hai que presentar?
1.- DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:
- Na presentación física a instancia Modelo 257 e na presentación telemática cumplimentar o procedemento Y010.
- Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal [1].
- Descrición completa das características técnicas da actuación que se pretende realizar, indicando as dimensións, materiais e acabados que se van utilizar.
- Plano de situación da obra referido á cartografía do planeamento municipal. Poderá ser solicitado á Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería, indicando a referencia catastral do ben afectado, presencialmente ou na dirección de correo electrónico planosdesituacion@lugo.gal [2].
- Esbozo acoutado da actuación que se pretende realizar, con indicación exacta da situación dentro da edificación ou da parcela.
- Orzamento de execución material detallado da obra, con expresa indicación das medicións.
- Cando sexa legalmente esixible, aportarase proxecto técnico. A documentación técnica sinalada nos apartados anteriores non será necesaria no caso de xa estar incluída no proxecto ou memoria de facultativo/a competente.
- No caso de actuar en representación achegará acreditación da mesma.
- Autorizacións ou informes sectoriais, concesións administrativas ou declaracións ambientais cando sexan legalmente esixibles; ou, cando se trate de declaracións responsables, acreditación de que presentaron debidamente.
- Se procede, fotografías en cor do interior e fachadas do estado actual do local ou vivenda na que se intervén.
- De ser o caso, certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal.
2.- DOCUMENTACIÓN ADICIONAL NAS SEGUINTES INTERVENCIÓNS:
2.1. Nas obras que teñan por obxecto a reforma interior da vivenda
- Plano de estado actual e estado reformado.
2.2. Nas obras que teñan por obxecto o peche de parcelas e soares
- Memoria descritiva e croquis do peche, con indicación dos materiais, altura e lonxitude do mesmo. Os peches de bloque de formigón deberán ser debidamente revestidos e pintados.
- Plano da parcela indicando a situación do peche na parcela.
- Reportaxe fotográfica en cor da parcela na que se pretenden construír o peche.
- Nos peches de parcelas situadas en solo clasificado como urbano e solo de núcleo rural achegarase plano de posición do peche axustado as aliñacións oficiais establecidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Nos peches de parcelas en solo rústico que linden con vías públicas deberase xustificar o retranqueo coa vía pública á que dea fronte.
2.3. Nas obras de substitución de carpintería exterior, que difira do modelo, material ou cor existente
- Acordo da comunidade de propietarios no que se aprobe o modelo a instalar nas substitucións das carpinterías do edificio. Co fin de manter a estética das fachadas, todas as fiestras e galerías deben ser iguais e os cambios que se fagan deberán ser co mesmo modelo, que será o aprobado pola comunidade de propietarios.
- Croquis co deseño da nova carpintería, indicando material, cor e sistema de apertura.
- Fotografías en cor da fachada na que se observen todas as carpinterías exteriores existentes na mesma e se sinalen as carpinterías que se van a substituír.
2.4. Na colocación de placa, rótulo ou bandeirola
- Os rótulos e bandeirolas luminosos (tipo neón ou led) deberán presentar conformidade da veciñanza afectada nos termos dos artigos 139 e 140 do vixente PXOM.
- Croquis ou fotomontaxe indicando as características do rótulo ou bandeirola (se é apegado, saínte, con luz, sen luz, neón, led...) e indicando as medidas, altura dende a base á beirarrúa, material, cor e ubicación na fachada.
INFÓRMASE de que as condicións esixidas para a instalación no Concello de Lugo se regulan:
- Dentro do ámbito do PEPRI: artigos 127, 128 e 129 do PEPRI (publicado no BOP núm. 166, do 21 de xullo de 1997).
- Fóra do ámbito do PEPRI: artigo 139 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (BOP núm. 037, do 14 de febreiro de 2012).
2.5. Na colocación de toldos e marquesinas
- Deseño a escala do toldo, indicando medidas (longo, ancho e altura), altura da base á beirarrúa, cor e materiais.
- Fotografías en cor da fachada do inmoble.
INFÓRMASE das condicións esixidas para a instalación no Concello de Lugo:
- Dentro do ámbito do PEPRI: non se autorizan marquesinas e os toldos regúlanse no artigo 126 do PEPRI (publicado no BOP núm. 166, do 21 de xullo de 1997).
- Fóra do ámbito do PEPRI: as marquesinas regúlanse no artigo 136 e os toldos no 138 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (BOP núm. 037, do 14 de febreiro de 2012).
2.6. Nas obras de illamento exterior dos edificios
- Documentación técnica, asinada por técnico competente, na que se xustifique o cumprimento da normativa vixente e que inclúa planos, detalles construtivos, medicións detalladas e fotografías.
- O técnico redactor deberá xustificar expresamente a normativa de seguridade contra incendios (DB SI-2 do Código Técnico da Edificación: Propagación exterior).
2.7. Nas obras que inclúan tecnologías específicas (climatización, calefacción, enerxía solar, etc.)
- Poderase aportar como documentación descriptiva das obras o proxecto, memoria ou outros documentos técnicos confeccionados para o organismo autonómico con competencias en materia de Industria, sempre que conteña a información xustificativa das obras.
Como cubrir a instancia/procedemento?
- Se o interesado neste procedemento é persoa xurídica está obrigada a iniciar o procedemento electrónico Y010, a través da sede electrónica do Concello, cubrindo todos os campos (artigo 16.8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro).
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.
- Se son obras relacionadas cunha actividade económica ou profesional non deberá cubrir esta instancia, deberá cubrir o Modelo 268 correspondente ó procedemento Y013.
- Cando se realicen diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble presentarase unha única comunicación previa.
- Deberá dispoñerse no lugar da obra da comunicación previa co xustificante de tela presentada.
Onde se presenta?
No Rexistro xeral - Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.
Cando se presenta?
Como mínimo 15 días antes do inicio da obra.
Como é proceso de tramitación?
Analizada a documentación e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico e a ordenaza, axustarase o seguinte procedemento:
- Dentro dos quince días hábiles seguintes á comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requisitos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a reparación das deficiencias que presente a documentación, adoptando neste caso, motivadamente, as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, comunicándoas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción.
- Unha vez declarada polo concello, de ser o caso, completa a documentación presentada, o exercicio das facultades muncipais de inspección e control sobre os actos de uso do solo ou do subsolo obxecto da comunicación previa presentada limitarase á comprobación do cumprimento dos requisitos materiais aos que estivesen sometidos pola lexislación e o planeamento urbanístico.
- Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo.
- Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa.
- A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou das actividade afectada desde a notificación da resolución pola que se declare a ineficación da comunicación efectuada, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
- A resolución administrativa que constata as circunstancias ás que se refire o punto anterior, comportará o inicio das correspondentes actuacións e a esixencia de responsabilidades e poderá determinar a obriga da persoa interesada de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado,
Canto custa?
A documentación que acompaña a comunicación, incorporará o xustificante do pagamento da autoliquidación das taxas e impostos que correspondan, de conformidade co establecido:
- Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
- Ordenanza fiscal nº 202, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Manual para obter o presuposto de execución de material dunha edificación >> [3]
Custo de execución de obras menores >> [4]
Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.
Observacións
- As comunicacións previas é o medio para que o Concello coñeza dita actuación e poida exercer as facultades de comprobación, control e inspección.
- A comunicación deberá presentarse coa documentación completa esixible, incluindo os informes e as autorizacións doutros organismo que sexan preceptivas, así como as autorizacións para o uso e a utilización do espacio público se fora necesario.
- En ningún caso se entenderán adquiridas facultades ou dereitos en contra da lexislación ou do planeamento aplicable. A declaración de ineficacia extemporánea, será plenamente válida e eficaz e producirá plenos efectos xurídicos.
- A comunicación non exonera ós titulares ou suxeitos responsables das súas obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo ou civil, establecidas na normativa de aplicación, requerindo a autoliquidación das taxas.
- As actuacións comunicadas realizaranse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuizo de terceiros
- Unha vez rematadas as obras comunicadas destinadas ao desenvolvemente dunha actividade presentarase comunicación previa para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento sen máis requisitos que os datos de identificación da persoa titular e a referencia da comucación previa ou a licenza urbanística que amparou a obra realizada e o certificado final de obra asinado por técnico competente.