Cambio de titularidade da concesión administrativa no Cemiterio de San Froilán
Código:
584
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Concesión
- Ámbito
- Cemiterio Municipal
- Destinatario
- Cidadanía en xeral
Documentación que deberá achegar
Formulario de solicitude debidamente cumprimentado, xunto coa documentación requirida en cada caso
Cambio de titularidade mortis causa
- Certificado de últimas vontades da/o titular/es (orixinal e fotocopia)
- Testamento ou declaración de herdeiras/os de cada un dos títulos (orixinal e fotocopia)
- Orixinal do título de concesión administrativa ou duplicado
- Se son varias as persoas herdeiras, presentarase a renuncia a favor dunha soa
- Fotocopia do Documento de Identidade de todas as persoas herdeiras
- Se algunha das persoas herdeiras está falecida, cómpre tamén presentar a documentación dos parágrafos, 1, 2 e 4
Cambio de titularidade inter vivos
- Orixinal do título de concesión administrativa ou duplicado
- Comparecencia das/os anteriores titulares e da persoa que vai figurar como nova/o titular
- Fotocopia do Documento de Identidade de todas as persoas herdeiras