Baixa no Padrón municipal de persoas estranxeiras que se van para o estranxeiro
Código:
501
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Baixa
- Ámbito
- Padrón Municipal
- Destinatario
- Inmigrantes
As persoas de nacionalidade non española que retornen ao seu país de orixe deben solicitar a súa baixa no Padrón municipal de habitantes do Concello.
Quen o pode solicitar?
A persoa interesada maior de 16 anos ou o seu representante legal.
Que documentación hai que presentar?
- Solicitude xeral
- Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada (DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residencia, segundo o caso)
- No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación
- No caso de baixa de menores de 16 anos, Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia
Onde se presenta?
Na Oficina de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00
Cal é o prazo para resolver?
Aproximadamente 1 día
Canto custa?
Gratuíto.
Onde se tramita?
Sección de Estatística – Concello de Lugo