A XV Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio CaixaBank reune a máis de 1300 atletas
A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural deron o pistoletazo de saída a esta proba que tivo un percorrido entre os 370 metros e 1,5 quilómetros para categorías infantís e ao redor de 10 quilómetros para a de adultos
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron este domingo o pistoletazo de saída ás diferentes categorías da XV Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio CaixaBank. Este evento está organizado polo Concello en colaboración coa FFM e está patrocinado por CaixaBank. Colaboran El Progreso, Coca Cola, Concesionario Seat Roysan Auto, Larsa, Viesgo, Decathlon, Hospital Polusa, Ndorfina Sports, Club Ciclista Correcamiños, Cruz Vermella, Policia Local e Protección Civil.
Categorías
A partir das 11:00 horas tiveron lugar as saídas das probas dos nenos e nenas, mentres que a saída da proba para adultos foi ás 12:00 horas. A categoría mini, cun percorrido de 370 metros, partiu dende a Rúa Vilalba, mentres que as restantes categorías saíron da Ronda da Muralla pola zona da Mosquera. A categoría de adultos realizou un percorrido cunha distancia aproximada de 10 quilómetros.