Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude sensibilizará á mocidade universitaria e deportista sobre o abuso do consumo de alcol e outras adiccións

Xuventude sensibilizará á mocidade universitaria e deportista sobre o abuso do consumo de alcol e outras adiccións

As sesións celebraranse ao longo do que queda de ano, outubro, novembro e decembro; a través de residencias universitarias e dos clubes de deporte

  • Tema
    • Deportes,
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude
Martes, 20 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude sensibilizará á mocidade universitaria e deportista sobre o abuso do consumo de alcol e outras adiccións

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, vén de pór en marcha unha nova actividade enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Trátase de sesións formativas, dirixidas á mocidade universitaria e á deportista, a través de residencias universitarias e dos clubes de deporte da cidade, sobre o abuso de alcol e outras adiccións, como o tabaco, internet, videoxogos ou apostas, entre outras.

As sesións celebraranse ao longo do que queda de ano (outubro, novembro e decembro). Empezarán o vindeiro día martes, 20 de outubro, coa colaboración do ADC Lugo Sala; sesións que continuarán os días 23 e 27 ao redor das 20:00 horas no local do Pazo de Feiras e Congresos.  Neste mesmo mes tamén se fará unha intervención na residencia Abeiro, concretamente o día 29, en quenda de tarde.  En todas as sesións os grupos serán reducidos, adaptándose á normativa actual vixente da covid-19.  A actividade será impartida polo psicólogo Iván Pico e técnicos do Servizo Municipal de Prevención de Drogas e outras adiccións.

O obxetivo desta programación de sensibilización é traballar dende a base tanto cos clubes deportivos, donde tamén se dan consumo aínda que o deporte poda ser un factor de protección, pero detéctanse consumos de alcol e tamén dependencias en relación ao xogo de apostas e abuso das tecnoloxía , sobre todo en redes sociais; como tamén cas e cos universitarios, etapa donde se abusa do  consumo de alcol, e nalgúns casos se experimenta por primeira vez con el ou cos primeiros consumos doutras substancias e doutras adiccións.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-sensibilizara-mocidade-universitaria-e-deportista-sobre-o-abuso-do-consumo-de-alcol