Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude organiza este xoves unha Xornada de convivencia con Xosé Antonio Touriñán sobre Mocidade e Novas Adiccións

Xuventude organiza este xoves unha Xornada de convivencia con Xosé Antonio Touriñán sobre Mocidade e Novas Adiccións

A actividade, enmarcada no Programa +Xti, terá lugar a partir das 18 horas en Códex Cinema e seá retransmitida en streaming a través das canles do Concello

  • Tema
    • Educación,
    • Xuventude,
    • Prevención de drogodependencias,
    • Asesoramento á mocidade,
    • Programas xuvenís
Sábado, 21 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza este xoves unha Xornada de convivencia con Xosé Antonio Touriñán sobre Mocidade e Novas Adiccións

O vindeiro xoves, 26 de novembro, ao abeiro do Programa +Xti, organizada polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional de Drogas, terá lugar a Xornada de convivencia lúdico-eduativa con Xosé AntonioTouriñán coa que se trata de orientar tanto ao profesorado como ás familias nos actuais desafíos educativos na etapa adolescente.

Unha cita que complementa a campaña na que o actor e humorista galego concienciaba sobre o perigo de usar o móbil ao volante, como os encontros celebrados ao longo dos meses anteriores sobre Mocidade e novas adiccións nas que se inclúen as apostas, videoxogos, redes sociais, substancias psicoactivas, etc.

A xornada, na que participarán os expertos Antonio Rial, Patricia Gómez e Manuel Isorna, terá lugar a partir das 18:00 horas no Códex Cinema.

Polas restricións de aforos imposta pola pandemia a actividade estará dirixida a un máximo de trinta persoas, mais retransmitirase en streaming a través das canles do Concello de Lugo grazas á colaboración da Fundación TIC.

Para inscribirse, as persoas interesadas teñen que enviar un mail a: maisporti2020@lugo.gal [1] e indicar no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail o seu nome e apelidos, se se trata dun profesor ou dun particular e o nome da escola ou instituto ao que pertence.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-organiza-este-xoves-unha-xornada-de-convivencia-con-xose-antonio-tourinan-sobre

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal