Xuventude e a Cohors III Lucensium organizan este luns, no Vello Cárcere, unha nova conferencia dentro do Arde Lvcvs Cvultvral
A cadeirádega de Historia da Arte, Ana Goy, falará sobre as posibilidades de intervención no Cuartel de San Fernando, logo da súa declaración como BIC
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural
Sábado, 28 de novembro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
Este luns, 30 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarse no auditorio do Vello Cárcere unha nova conferencia, enmarcada na programación do Arde Lvcvs Cvltvral.
Será a cargo da cadeirádega de Historia da Arte da USC, Ana Goy Diz, e versará sobre as posibilidades de intervención no edificio do cuartel de San Fernando tras a declaración BIC.
A entrada para esta charla, que organiza a área de Xuventude xunto á Cohors III Lucensium, é libre ata completar aforo, que está limitado a 29 prazas e que se cubrirán por orde de chegada.