Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Verán de Dubmingos nas prazas de Lugo

Verán de Dubmingos nas prazas de Lugo

A programación musical arrincará este domingo na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro. O horario para as distintas actuacións musicais, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Xoves, 26 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Verán de Dubmingos nas prazas de Lugo

A programación musical arrincará este domingo na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro

O horario para as distintas actuacións musicais, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten preparada nova programación itinerante de rúa para este verán. Trátase dos Dubmingos, distintas actuacións de reggae, que levará a cabo GudariDub e MaisLume Kolektive.

A programación arrincará este domingo, 29 de xullo, na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 de agosto en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro. O horario para todas as actuacións, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas.

Carmen Basadre convidou á cidadanía a participar nesta programación novidosa na cidade que amenizará o casco histórico de Lugo dunha forma moi atractiva


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/veran-de-dubmingos-nas-prazas-de-lugo