Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A veciñanza de Castelo coñece as Médulas grazas a unha excursión organizada polo Concello, dentro da programación de animación sociocultural de verán

A veciñanza de Castelo coñece as Médulas grazas a unha excursión organizada polo Concello, dentro da programación de animación sociocultural de verán

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Igualdade,
    • Inclusión
Sábado, 10 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A veciñanza de Castelo coñece as Médulas grazas a unha excursión organizada polo Concello, dentro da programación de animación sociocultural de verán

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o edil de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, despediron este sábado aos veciños e veciñas da Castelo, que participan nunha das excursións de verán programadas polo Concello, dentro das actividades de animación sociocultural, con distintas alternativas para a veciñanza tanto da cidade como do rural.

Nesta primeira excursión, os participantes achegáronse ás Médulas de León. A saída desta viaxe foi dende a parada de bus de Castelo, ás 09:00 horas.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/vecinanza-de-castelo-conece-medulas-grazas-unha-excursion-organizada-polo-concello-dentro-da