Unhas 200 persoas asistiron ao concerto solidario ProRefuxiados Voces pola Paz que recadou fondos para Médicos sen Fronteiras
- Tema
- Benestar social,
- Solidariedade,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos
Mércores, 09 de marzo de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
Unhas 200 persoas asistiron onte ao concerto solidario ProRefuxiados Voces pola Paz, que ofreceu no auditorio Gustavo Freire Mayka Sitte, Mayka Edjole e Desiree Diouf. A actuación foi organizada por Producións FdS coa colaboración do Concello de Lugo e os fondos recadados coas entradas a 5 euros irán destinados integramente a Médicos sen Fronteiras.