Unha granxa, un circo e un castelo inchables para gozar da chegada do Nadal mañá a Lugo
Antes de comezar estas actividades lúdicas, que son de balde, haberá un reparto de globos entre os nenos e nenas, así como un photocall no que poder inmortalizar o momento da chegada destas datas tan máxicas
Na cita, na que comezará a lucir a iluminación de Nadal, participarán xogadores e xogadoras do Breogán, Emevé, Ensino e CD Lugo, que entregarán agasallos, ao igual que Quío o Esquío de XuvenLugo
O toque musical da festa poñerao o grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e o máis dulce, a chocolatada final con churros
- Tema
- Programación cultural
A festa de benvida ao Nadal que organiza mañá o Concello na Praza Maior a partir das 18:00 horas incorpora unha granxa, un circo e un castelo inchables, para que os máis cativos e cativas gocen da chegada destas datas.
Antes de comezar estas actividades lúdicas, que son de balde, haberá un reparto de globos entre os nenos e nenas, así como un photocall no que poder inmortalizar o momento da chegada destas datas tan máxicas.
Na cita, na que comezará a lucir a iluminación de Nadal, tamén participarán xogadores e xogadoras do CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo, que entregarán agasallos aos máis pequenos e pequenas da casa, asinarán autógrafos e sacaranse fotos cos e cas que o desexen; ao igual que Quío o Esquío de XuvenLugo.
En concreto participará pívot do Breogán Henk Norel, xunto á mascota do equipo, Maximus. Do Emevé, estarán presentes, do equipo masculino, os xogadores Mario Povale e Pablo Villar, e do feminino, Paula Reija e Ainara Burgo. Por parte do Ensino asistirá o equipo feminino da liga DÍA e do CD Lugo, o capitán Carlos Pita, o entrenador Antonio Monteagudo, e os xogadores Serge Leuko e Borja San Emeterio. Tampouco se quixo perder esta cita Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento.
O toque musical da festa poñerao o grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e o máis dulce, a chocolatada final con churros.