Un grupo de motoristas lucenses percorren Europa ata Noruega con fins solidarios
- Tema
- Alcaldía,
- Solidariedade
Sábado, 24 de xuño de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros do Goberno Municipal, deu a saída este sábado na Praza Maior a un grupo de motoristas lucenses, que percorrerán Europa ata Noruega con fins solidarios, recadando fondos para a investigación de enfermidades como o cancro ou a esclerose.
Na despedida a este grupo, que partiu da cidade en dirección Noruega para realizar una travesía cunha duración de 21 etapas, a rexedora felicitounos por realizar esta interesante iniciativa solidaria e desexoulles unha boa viaxe.