A toponimia de Lugo xa ten documentadas, nun libro, as súas raíces etimolóxicas
Carmen Basadre e Carlos Vázquez presentaron este mércores, no Vello Cárcere, a publicación, editada polo Concello
- Tema
- Cultura e Turismo
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o mestre Carlos Vázquez, presentaron este mércores, no Auditorio do Vello Cárcere, o libroToponimia do Concello de Lugo, que afonda na orixe dos nomes do rueiro e das parroquias lucenses.Esta publicación é a tese doutoral de Vázquez e vén encher un oco dentro da etimoloxía toponímica do Concello de Lugo, posto que é o primeiro tratado que se fai deste tipo no noso municipio.
No acto, Basadre agradeceu ao autor este esforzo posto á disposición de todas e todos os lucenses, e persoas interesadas na historia dos lugares e rúas da cidade e do rural.
Pola súa banda o autor, nado en Monterroso, pero lucense de adopción, expresou o seu agradecemento á entidade local pola contribución feita á hora de editar este libro, froito de moitos anos de investigación.