Sen resposta da conselleira Angeles Vázquez á solicitude da alcaldía de Lugo de convocar unha mesa técnica para a recepción do novo Auditorio
Foi solicitada varias veces, a primeira hai máis dun mes, para que a Consellería informase do estado das instalacións
- Tema
- Alcaldía
O Concello de Lugo recorda que dende alcaldía o pasado 24 de xullo enviouse a través de correo ordinario e electrónico unha carta dirixida á conselleira, Angeles Vázquez con motivo de convocar urxentemente unha mesa técnica para resolver os asuntos técnicos entre as dúas administracións, recalcando na mesma que o Auditorio do Concello de Lugo se atopa na última fase e antes da recepción das instalacións e necesaria unha reunión o máis pronto posible.
O obxectivo da xuntanza é que as persoas que designe a consellería ofrezan aos técnicos do Concello de Lugo toda a información necesaria para que poidan en primeiro lugar apoiar as cuestións pendentes que fosen da nosa estricta competencia e por outra banda acelerar as verificacións e os informes necesarios para que cando se recepcionen as instalacións veñan coa totalidade de garantías incluídas no proxecto.
A súa vez Lara Méndez lembrou a conselleira que levamos 15 anos esperando estas dependencias culturais e como alcaldesa débese na obriga de primar polos intereses dos veciños e veciñas de Lugo.
Tras máis de quince días sin resposta, dende alcaldía procedeuse a enviar un correo electrónico solicitando de novo que se convocase unha mesa técnica o máis pronto posible para avanzar na recepción das instalacións do novo auditorio e ata hoxe sin resposta.