As redes sociais da área de Cultura difundirán contidos educativos e de ocio durante o estado de alarma
- Tema
- COVID-19,
- Cultura e Turismo,
- Educación
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, indicou que “durante a duración do estado de alarma decretado polo goberno do Estado, as redes sociais da área de Cultura funcionarán como ferramenta de difusión de contidos de ocio e educativos”.
“Debuxos en galego, concertos, visitas virtuais a museos, bibliotecas virtuais e páxinas educativas, entre outros, serán os contidos que se poderán atopar nas redes sociais de Cultura” afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “queremos axudar ás familias a facer menos complicadas as medidas decretadas polo Estado”.
“Planificarase a difusión para, cada día, rotar os contidos que se publiquen e que toda a poboación atope entretemento mentres dure esta situación”, declarou Maite Ferreiro.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os contidos educativos a difundir | Descargar mp3 [1]