A programación de novas tecnoloxías do Concello para o último trimestre do ano: 11 cursos gratuítos con 145 prazas e titorías tecnolóxicas
As actividades terán lugar na Aula CEMIT do Castiñeiro e na de María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche da inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso aos cursos será por sorteo
- Tema
- Formación,
- Novas tecnoloxías
O Concello ten preparados 11 cursos gratuítos, con 145 prazas, de novas tecnoloxías para o último trimestre do ano, baixo a programación de Tecnoloxíza-T!. Terán lugar na Aula CEMIT do Castiñeiro e na de María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías.
No caso da aula do Castiñeiro, as actividades están dirixidas a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, e no resto, para persoas maiores de 14 anos. Na aula do Castiñeiro e no Edificio de Novas Tecnoloxías as actividades serán en xornada de tarde, e na de María Balteira todas serán en quenda de mañá. Entre as alternativas que ofrece a entidade local está informática, robótica ou videoxogos. Tamén haberá titorías tecnolóxicas.
O número máximo de alumnos e alumnas é de 10 ou 15, dependendo da actividade formativa, sendo o mínimo de persoas inscritas de 8 no caso de que as prazas ofertadas sexan 15, ou de 6 no caso de 10 prazas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche da inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso aos cursos será por sorteo, que se celebrará ás 20:30 horas do propio día do peche da inscrición. A lista de persoas admitidas poderá consultarse no propio centro ou a través do Servizo de Información Municipal 010. Será necesario asistir a un 80% das horas pra recibir o diploma.
A programación, desglosada por centro, é a seguinte:
Na aula do Castiñeiro:
- INFORMÁTICA NIVEL INTERMEDIO PARA NENOS/AS (30H)
Horario: Luns e mércores de 18.00h a 19.30h
Datas: Do 15 de outubro ó 19 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 10 de outubro
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático básico.
- CREACIÓN DE PÁXINAS WEB
Horario: Martes e xoves de 18.00h a 19.30h
Datas: Do 16 de outubro ó 13 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 24h
Idade: de 8 a 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 11 de outubro
Observacións: encamiñado a nenos/as con nivel informático básico
Na aula de María Balteira:
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA (nivel II)
Horario: De luns a venres de 10.00h a 12.00h
Datas: Do 15 de outubro ó 6 de novembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: a partir 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 10 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático moi baixo.
- INFORMÁTICA NIVEL INTERMEDIO
Horario: De luns a venres de 11.00h a 13.00h
Datas: Do 19 de novembro ó 11 de decembro
Número de prazas: 15
Total: 30h
Idade: a partir 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 15 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TITORÍAS TECNOLÓXICAS
Horario: De 12.00h a 14.00h
Datas: O primeiro luns de cada mes a partir de novembro
Prazo de inscrición: non é necesario inscrición previa
Observacións: encamiñado a usuarios/as que necesiten aclarar calquera tipo de dúbida sobre novas tecnoloxías
Por último, no Edificio de Novas Tecnoloxías:
- INICIACIÓN AO AUTOCAD (40h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 1 ó 31 de outubro
Número de prazas: 15
Total: 40h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 27 de setembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- MONTA UNHA IMPRESORA 3D (8h)
Horario: Sábados 17.00h a 21.00h
Datas: Do 20 e 27 de outubro
Número de prazas: 10
Total:8h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 18 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- CREACIÓN DE VIDEOXOGOS (30h)
Horario: De luns a xoves de 17.00h a 19.00h
Datas: Do 5 ó 28 de novembro
Número de prazas: 10
Total: 30h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático medio.
- INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA (12h)
Horario: Sábados 17.00h a 21.00h
Datas: Do 3 e 17 de novembro
Número de prazas: 10
Total:12h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TRÁMITES ELECTRÓNICOS COA ADMINISTRACIÓN (4h)
Horario: Sábado 17.00h a 21.00h
Datas: 24 de novembro
Número de prazas: 15
Total: 4h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 22 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- NEGOCIOS ON-LINE (20h)
Horario: De luns a xoves de 19.00h a 21.00h
Datas: Do 3 e 18 de decembro
Número de prazas: 15
Total:20h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 29 de novembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA (12h)
Horario: De mércores a venres 17.00h a 21.00h
Datas: Do 26 e 28 de decembro
Número de prazas: 10
Total:12h
Idade: a partir dos 14 anos
Prazo de inscrición: ata o 21 de decembro
Observacións: encamiñado a usuarios/as cun nivel informático básico.
- TITORÍAS TECNOLÓXICAS
Horario: De 17.00h a 19.00h
Datas: O último sábado de cada mes a partir de outubro
Prazo de inscrición: non é necesario inscrición previa
Observacións: encamiñado a usuarios/as que necesiten aclarar calquera tipo de dúbida sobre novas tecnoloxías.
Audio
- Rielo, sobre os cursos | Descargar mp3 [1] [2]