A proba Clasificatoria para o Campionato Galego de Triatlón dispútase o 11 de xullo
- Tema
- Deportes,
- Escolas deportivas
O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, presentou xunto a Javier García, membro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia; Mónica Flores, Secretaria Xeral da Federación Galega Triatlón; Manuel Cadramon, Delegado de Deportes Xunta e Jose Fernández da Asociación Fefeme Triatlón, a XXXII Triatlón do Miño. Esta mítica proba disputarase o domingo 11 xullo en Lugo.
Evento organizado por FeFeMe Tríatlon do Miño, na que colabora o Concello de Lugo dende a área de Deportes é xa un clásico no calendario deportivo lucense. Terá lugar o vindeiro 11 de xullo, será sen presencia de público e so para triatletas federados, a primeira saída está fixada para as 10.00h na categoría masculina e para as 12.00h na feminina, cunha estimación de 5 deportistas cada 30 segundos, as distancias serán en natación 750m, ciclismo 19,5km e carreira a pé 5km.