Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A Praza e o Mercado Municipal continuarán abertos o xoves e o sábado de Semana Santa

A Praza e o Mercado Municipal continuarán abertos o xoves e o sábado de Semana Santa

Para realizar pedidos a domicilio ou pre-encargas, deberase contactar cos distintos postos de 08:30 a 14:00

  • Tema
    • COVID-19,
    • Comercio,
    • Mercados
Martes, 07 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza e o Mercado Municipal continuarán abertos o xoves e o sábado de Semana Santa

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da semana santa no seu horario habitual. Cristina López destacou “a posibilidade de adquirir produtos de calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados”.

“Dende a área de Participación traballamos da man cos distintos negocios da Praza e do Mercado para converter ambos servizos públicos nun referente do centro da cidade”, afirmou Cristina López, que lembrou que nos pasados días se puxo en marcha o servizo de reparto a domicilio e de pre-encarga, “un servizo que foi moi reclamado pola veciñanza e que está a ter unha gran aceptación”, segundo indicou a edil de Participación.

Cristina López lembrou que para realizar un pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00 aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de pre-encarga permite facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza.

Audio

  • A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a apertura da Praza de Abastos e o Mercado Municipal, na Semana Santa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/praza-e-o-mercado-municipal-continuaran-abertos-o-xoves-e-o-sabado-de-semana-santa

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/200407_cristina_lopez_praza_e_mercado_semana_santa.mp3