POLÍTICA TERRITORIAL LICITARÁ ESTE ANO AS OBRAS DO NOVO AUDITORIO DE LUGO, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 15 MILLÓNS DE EUROS
- Tema
- Urbanismo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e maila conselleira de Política Territorial, María José Caride, presentaron hoxe o anteproxecto do equipo Paredes Pedrosa Arquitectos S.L. , gañador do concurso de ideas
O edificio contará cun gran salón de actos con aforo para 900 persoas
Lugo, 9 de xaneiro de 2009.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes licitará este mesmo ano as obras de construción do novo Auditorio de Lugo, unha actuación que suporá un investimento estimado de 15 millóns de euros e que dotará á cidade dun equipamento cultural de primeiro orde.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e maila conselleira de Política Territorial, María José Caride, presentaron hoxe o anteproxecto que resultou gañador do concurso de ideas e que recaeu en Paredes Pedrosa Arquitectos S.L.. Ademais de elaborar o proxecto definitivo, este equipo de profesionais recibiu un premio de 50.000 euros.
Unha vez resolto o concurso, a CPTOPT está realizando os trámites administrativos correspondentes para formalizar co equipo gañador a firma do contrato (no que se concretarán os prazos para a elaboración do proxecto final do Auditorio) e, posteriormente, procederase a licitar e adxudicar as obras. A Consellería financia os traballos cun total de 13,4 millóns de euros mentres que o Concello de Lugo contribuirá á súa construción con 1,2 millóns. Así mesmo, tal como se recolle na addenda ao convenio asinada hoxe entre a conselleira María José Caride e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, o Concello deberá tramitar todas as licencias e permisos necesarios para acometer os traballos e, unha vez rematada a obra, asumirá a titularidade do Auditorio polo que será o encargado do seu mantemento, conservación e xestión.
Características técnicas
Canto ao deseño arquitectónico, o novo Auditorio configúrase como unha fachada urbana que fai de mirador cara a avenida de Magoi e que establece un xogo de volumes con varios espazos construídos que se vinculan a outros exteriores e que se complementan cunha zona axardinada. Todo o conxunto ocupará unha superficie de
No que atinxe á organización funcional, o edificio divídese en catro niveis. No nivel 0 estarán as áreas destinadas a exposicións e congresos e no nivel 1 os escenarios das dúas salas e a área administrativa. O nivel 2 acollerá o vestíbulo-mirador así como os accesos principais ás salas, á escola de música e á mediateca.. O nivel 3 albergará a escola de música, a mediateca e o restaurante (que disporá dunha terraza exterior e terá tamén un acceso independente dende o xardín).
O auditorio contará cun gran salón de actos con aforo para 910 persoas e outra sala menor destinada a representacións teatrais, concertos e conferencias con aforo para 310 persoas. As dúas salas foron deseñadas de tal forma que se lle saca o máximo partido ás condicións orográficas do terreo. Así, as salas apóianse na propia ladeira e as súas gradarías continúan o perfil natural do terreo e aproveitan a luz natural que entrará polos ventanais. Outro aspecto salientable é que, ao contar con cerramentos deslizables, cabe a posibilidade de que os escenarios poidan ser usados para teatro ou para concertos en función das necesidades. Os teitos das salas están proxectados en madeira e vidro.
O acceso principal (que será a través do nivel 2) configúrase coma un lugar de encontro entre as dúas salas e o xardín. Así mesmo, o Auditorio disporá dun aparcamento totalmente independente –configurado en dúas plantas- con 320 prazas.
SALÓN DE ACTOS GRANDE
-Capacidade total: 910 prazas (entre patio de butacas e anfiteatro)
-Superficie total do escenario para ópera:
-Superficie do escenario para concertos sinfónicos:
-Superficie foso de orquestra:
-Ancho de butacas:
-Área de artistas composta por: 3 camerinos individuais, 2 camerinos triplos, 2 camerinos colectivos e 2 vestiarios de técnicos.
-Área de almacenaxe para pianos e resto de instrumentos.
-Área de premontaxe de escenario e taller
-Contrafoso
-Zona de carga e descarga
SALA PEQUENA
-Capacidade total: 310 prazas
-Superficie total do escenario para teatro:
-Superficie escenario para concertos:
-Ancho de butacas:
ÁREA PARA CONGRESOS E EXPOSICIÓNS
-4 aulas (de 50 prazas cada unha)
-Área de exposicións:
-Area de información:
ESCOLA DE MÚSICA:
-Área administrativa
-4 aulas con almacén para instrumentos
MEDIATECA:
-Sala de lectura e consulta
-Área de información e préstamos
-Arquivos
-Sala de proxeccións
-Cabinas individuais
USOS PÚBLICOS COMÚNS:
-Información e venta de entradas
-Roupeiro
-Área comercial
-Cafetaría
-Restaurante
-Aseos
ÁREA ADMINISTRATIVA:
-Recepción
-Despachos
-Sala de reunións
-Arquivo
Obras significativas do equipo gañador
O estudo gañador do concurso, Paredes Pedrosa Arquitectos S.L., ten entre os seus recoñecementos o prestixioso premio internacional para xoves arquitectos Europan II. Este estudo madrileño deseñou, entre outros importantes traballos, o Teatro Valle Inclán de Madrid, o Centro de Congresos de Murcia, o Museo Arqueolóxico de Almería ou bibliotecas públicas en Madrid, Córdoba e Ceuta.