Palimoco Teatro coa obra Medea, Salvaxe? e Coque Malla, co inicio da súa xira mundial Santo Tour 2017, encherán de arte o Gustavo Freire esta semana
Mañá mércores, ás 20:30 horas, terá lugar a representación da obra Medea, Salvaxe? de Chista Wolf, unha ollada diferente da historia desta inusual feiticeira grega
O venres 10, ás 21:00 horas, Coque Malla inicia a súa xira con toda a súa banda no auditorio municipal
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural
Mañá mércores, 8 de marzo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal Gustavo Freire, o grupo lucense Palimoco Teatro poñerá en escea Medea, Salvaxe?, unha atrevida versión da historia desta sacerdotisa grega que tras sentirse traizoada polo seu marido, e polo seu pobo, mata aos seus fillos por vinganza.
Nesta ocasión, a compañía lucense tenta contar a historia dende unha ollada diferente e actual, coa que pretenden facer ver ao público asistente que na mitoloxía grega xa había mulleres que loitaban polos seus dereitos e polo seu recoñecemento persoal. Esta obra inclúse dentro da programación da XVIII Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello.
Por outra banda, ás 21:30 horas do venres 10 de marzo, no Gustavo Freire, o cantante Coque Malla dará por iniciada a súa xira Santo Tour con toda a súa banda. Neste concerto, ademais das súas cancións de sempre, o cantante madrileño presentará aos seus seguidores o seu último disco, El ultimo hombre en la Tierra, cheo de rock, elegancia, sensibilidade, crueza e, sobre todo, grandes cancións.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Linga, Carmen Basadre quixo invitar a todos os amantes das artes escénicas e musicais a asistir a estas actuacións enmarcadas dentro da sección off da XVII Mostra de Teatro Clásico, e dos concertos organizados polo Concellería de Cultura do Concello de Lugo.
As entradas para ambas as dúas actuacións pódense adquirir na web www.entradaslugo.es [1] ata tres horas antes da celebración, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo dos espectáculos.