Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Os servizos xurídicos municipais avalían as responsabilidades xurídicas pola situación irregular dos MUPIS

Os servizos xurídicos municipais avalían as responsabilidades xurídicas pola situación irregular dos MUPIS

Na Comisión de Contas trasladouse aos grupos da oposición que o Goberno local tamén estuda se a nova concesión deste servizo levará consigo colocar nos paneis só información institucional ou mixta

  • Tema
    • Economía
Venres, 25 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo puxo en mans dos servizos xurídicos municipais o estudo das accións a emprender pola situación irregular na que se atopa a explotación publicitaria dos MUPIS. Así llo transmitiu o Goberno aos grupos de oposición na Comisión de Contas celebrada este venres.

Os servizos municipais xa advertiran á empresa concesionaria o fin do contrato e que polo tanto, o problema non era de responsabilidade contractual senón de responsabilidade xurídica.

Tamén se explicou que o Goberno local está a estudar se a cidade necesita máis MUPIS ou non para sacar a contratación a subministración de material ou se, pola contra, só é necesario xestionar a publicidade. Así mesmo, avalía se os MUPIS levarán só información de carácter institucional ou se a publicidade nos paneis será mixta como foi con esta concesión.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/os-servizos-xuridicos-municipais-avalian-responsabilidades-xuridicas-pola-situacion-irregular