Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Os Reis Magos pasan hoxe e mañá pola Praza de Abastos para recoller as peticións dos máis pequenos e pequenas

Os Reis Magos pasan hoxe e mañá pola Praza de Abastos para recoller as peticións dos máis pequenos e pequenas

Na xornada de hoxe estarán de 17:30 a 19:30 horas, e mañá, de 11:30 a 13:30 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán caramelos de comercio xusto a todos os nenos e nenas que se acheguen a amosarlles os seus desexos

Coa visita das Maxestades de Oriente, o Concello pecha a programación do Nadal do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, onde se celebraron varias sesións do Obradoiro para aprender a facer regalos, no que participaron máis de 100 nenos e nenas

  • Tema
    • Infancia,
    • Programación cultural,
    • Mercados
Venres, 04 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Reis Magos pasan hoxe venres e mañá sábado pola Praza de Abastos, para recoller as peticións dos e das pequenas da casa en persoa. En concreto, na xornada de hoxe estarán de 17:30 a 19:30 horas, e mañá, de 11:30 a 13:30 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán caramelos de comercio xusto a todos os nenos e nenas que se acheguen ata estas instalacións municipais a amosarlles os seus desexos.

Coa visita das Maxestades de Oriente, o Concello pecha a programación do Nadal do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, onde tiveron lugar distintas sesións do Obradoiro para aprender a facer regalos, no que participaron máis de 100 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos ao longo da pasada e desta semana. Ademais, na Praza de Abastos habilitouse unha zona infantil, moi demandada nestas datas, coa que o Goberno deu resposta a unha demanda dos Orzamentos Participativos. Deste xeito, o Concello proporcionoulle un espazo de lecer aos nenos e nenas para que gozaran con actividades mentres os papás e mamás mercaban con tranquilidade nas instalacións municipais.

Audio

  • A concelleira Rosana Rielo, sobre o paso dos Reis Magos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/os-reis-magos-pasan-hoxe-e-mana-pola-praza-de-abastos-para-recoller-peticions-dos-mais

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/040119_rielo_reisprazadeabastos.mp3