O próximo venres remata o prazo para realizar achegas ao Borrador da Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo
- Tema
- Protección da comunidade
O prazo para presentar as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo, co que o equipo de Goberno pretende contribuír ao progreso e mellora de convivencia na cidade, remata esta semana, o venres día 21 de agosto.
Este documento xa foi remitido aos grupos políticos e presentado ao Consello Económico e Social.
Trátase dun documento elaborado polos servizos técnicos e xurídicos do Concello, a través do cal se quere iniciar un debate social que permita ter unha ordenanza consensuada con toda a sociedade lucense.
Non se trata dun documento pechado polo que o Goberno Local anima á cidadanía a participar coas súas suxestións e recomendacións. Pódese descargar o borrador da ordenanza de civismo e empregar o formulario para realizar as súas achegas no portal web do Concello: www.lugo.es [1]