O MIHL recibiu ao Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Angel González, na súa cuarta cata literaria
Miguel Fernández presentou a este autor, que cultiva distintos xéneros, como a prosa, o verso ou o guión
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Museos e exposicións,
- Programación cultural
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) recibiu este xoves ao Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Angel González, na súa cuarta cata literaria. O voceiro municipal, Miguel Fernández, presentou a este autor, que cultiva distintos xéneros, como a prosa, o verso ou o guión.
Nestas catas literarias, que teñen lugar o segundo xoves de cada mes ata xuño, súmase a literatura e a gastronomía lucense, acompañada de viño da Ribeira Sacra. Ademais, en todos os eventos, actúa un grupo de música de Lugo.
As vindeiras catas estarán protagonizadas por Manuel Francisco Reina, autor de Los amores oscursos, a novela que recrea o amor entre Lorca e Juan Ramírez de Lucas, en maio, e por Álex Alonso, gañador dos premios Ánxel Fole do Concello da pasada edición, en xuño.