O Mercado Municipal e a Praza de Abastos celebran o Nadal cunha nova iniciativa gastronómica
Carmen Basadre anunciou o GastroNadal, que terá lugar en decembro os días 16, de 17:00 a 19:00 horas, 17, de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas, e 21 e 22, de 11:30 a 13:30 horas
GastroNadal trátase dunhas xornadas que buscan fomentar o coñecemento dos produtos de tempada do Mercado e da Praza e elaborar con eles receitas específicas Nadal, así como promover ambas as dúas instalacións municipais
Todos os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuíta, pódense inscribir dende hoxe no Servizo de Información Cidadá 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Mercados
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns unha nova iniciativa gastronómica do Concello para as datas do Nadal, GastroNadal. Tal e como explicou a edil, GastroNadal busca fomentar o coñecemento dos produtos de tempada do Mercado e da Praza e elaborar con eles receitas específicas de Nadal, non soamente de comidas e ceas, senón tamén de doces típicos aproveitando os recursos do Mercado e da Praza; así como promover ambas as dúas instalacións municipais.
O Mercado Municipal acollerá ditas xornadas en decembro os días 16, de 17:00 a 19:00 horas, 17, de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas, e 21 e 22, de 11:30 a 13:30 horas. Estarán impartidas por profesionais da hostelería luguesa. Así mesmo, a Praza de Abastos será o escenario das catas de viños da Ribeira Sacra e catas de cervexa artesá, produtos cos que se elaborarán ademais distintas maridaxes.
Todos os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuíta, pódense inscribir dende hoxe no Servizo de Información Cidadá 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50. Así mesmo, os propios días de celebración destas xornadas, os interesados pódense achegar ata o Mercado ou a Praza. O número máximo por xornada e dunhas 20 persoas.
Audio
- Basadre, sobre o GastroNadal | Descargar mp3 [1]
Máis info
- Cartel de GastroNadal |Descargar mp3 [2]