O Goberno realiza unha encomenda de xestión a Evislusa para demoler o edificio anexo ao Cuartel de San Fernando
A Xunta de Goberno deste mércores encargou a redacción do proxecto neste edificio que albergaba a lavandería e que non está declarado Ben de Interese Cultural
Tamén realizou outra encomenda de xestión a Evislusa para a urbanización parcial dunha marxe da rúa Virxe da Soidade no entorno do Colexio das Gándaras
- Tema
- Infraestruturas,
- Urbanismo
A Xunta de Goberno deste mércores acordou realizar unha encomenda de xestión á Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (Evislusa) para a redacción do proxecto co que se levarán a cabo as obras de demolición do edificio anexo ao Cuartel de San Fernando, onde estaba situada a lavandería.
“Esta demolición é motivada polo feito de que a citada construción non está declara Ben de Interese Cultural e presenta fendas e fisuras nos seus muros exteriores, desprazamentos de revestimentos interiores e exteriores, ou danos na estrutura” segundo explicou o Voceiro municipal, Miguel Fernández.
Estas actuacións, levaranse a cabo despois de ter realizado a execución e xustificación das obras definidas no proxecto básico e de execución das obras mínimas de mantemento e demolición de anexos no antigo cuartel de San Fernando.
Miguel Fernández tamén deu conta de que se lle realizou outra encomenda de xestión a Evislusa, concretamente explicou que foi “para a redacción do proxecto de execución da urbanización parcial dunha marxe da rúa Virxe da Soidade, no entorno do Colexio das Gándaras”. Esta actuación ten por finalidade a de mellorar a seguridade viaria e o tránsito dos peóns, especialmente para facilitar o paso do alumnado deste centro escolar.
Audio
- Miguel Fernández, sobre os asuntos tratados na Xunta de Goberno | Descargar MP3 [1]