O Goberno presenta as 28 propostas, aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, que se executarán cos Orzamentos Participativos
A aplicación posta en marcha para os Orzamentos Participativos, e que sustentou todo o proxecto https://loop.lugo.gal/ [1], recibiu máis de 6.100 visitas, e involucráronse na votación máis de 600 persoas
No conxunto do proceso presentáronse 237 propostas de investimento, das que 107 foron viables, tras a análise dun equipo técnico municipal
Á vista dos resultados, Rosana Rielo fixo unha valoración moi positiva deste proceso de participación cidadá e democracia directa, que promoveu que a veciñanza pasara de observadora a protagonista activa do que ocorre en Lugo
As propostas gañadoras diríxense, principalmente, aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Tamén destacan as relacionadas co Mercado e ca Praza de Abastos e outras apostando por un espazo público máis amable
- Tema
- Orzamentos participativos
A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os resultados do proceso dos Orzamentos Participativos, que activou este ano o Goberno de Lugo coa finalidade de vincular activamente á cidadanía no desenvolvemento do municipio. En total, o Concello executará 28 propostas aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, cunha inversión de 350.000 euros.
Tal e como detallou a Concelleira, no conxunto do proceso presentáronse 237 propostas de investimento, das que 107 foron viables, tras a análise dun equipo técnico municipal. Das non viables, ao redor de 130, 46 delas son propostas que xa se están executando dentro doutros programas do Concello "o que indica que estamos traballo de acordo á cidadanía", subliñou Rosana Rielo. Outras 26, a súa execución non era competencia do Concello e 27 sobrepasaban o orzamento de 15.000 euros, que se marcaba como máximo por proposta. Do resto, 20 non eran tecnicamente legais e 6 non se correspondían a gasto, senón a subvención; entre outros.
A aplicación posta en marcha para os Orzamentos Participativos, e que sustentou todo o proxecto https://loop.lugo.gal/ [1], recibiu máis de 6.100 visitas, e involucráronse na votación máis de 600 persoas. Á vista dos resultados, Rosana Rielo fixo unha valoración moi positiva deste proceso de participación cidadá e democracia directa, que promoveu que a veciñanza pasara de observadora a protagonista activa do que ocorre en Lugo, co obxecto de mellorar entre todos o municipio. Nesta liña, a edil destacou que cada día, Lugo é unha cidade máis aberta e máis participativa, ao tempo que agradeceu a todos e cada un dos e das lucenses en erguer a man e compartir as súas ideas.
Os ámbitos temáticos que abarcaban as iniciativas presentadas foron moi diversos, dirixíndose, principalmente, as propostas gañadoras aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Tamén destacan as relacionadas co Mercado e ca Praza de Abastos e outras apostando por un espazo público máis amable.
As 28 propostas gañadoras
Arranxo do valado do CEIP Luis Pimentel |
183 |
Parque biosaudable no Barrio da Piringalla |
123 |
Proxecto EMPODERATE NENA¡¡ |
121 |
Iluminación Parque Angelo Colocci-Gallego Tato |
121 |
Estudo do Plan de Accións para o Apoio da Transformación de "A Tinería" |
114 |
Letras de benvida á cidade |
112 |
Arranxo de zona de aparcadoiro do Cei Nodus |
107 |
Future Jobs Tools |
106 |
Campaña "Emprender cara a educación do futuro" |
105 |
II Feira Nenos Emprendedores CEI-NODUS |
104 |
Píldoras de Coñecemento para Emprendedores. |
100 |
GROWTH HACKING APRENDER A CRECER |
99 |
CHATBOT LEARNING |
94 |
Restauración da fonte pública na parroquia de Esperante, no núcelo de Carballido |
94 |
LVCVS RAID. EMPRENDE O CAMIÑO. |
93 |
PROGRAMA 3 C. CAPITAL CREATIVO COMPETITIVO |
92 |
Remodelación da Pista Roxa |
86 |
Eliminación de barreiras arquitectónicas |
77 |
Poyetes de competición para piscina municipal de Frigsa |
72 |
DANDO VIDA O BARRIO CON COR |
71 |
Instalación dun valado no lado da Praza do Castiñeiro e a rúa Lamas de Prado |
68 |
Equipo para personas con discapacidade |
65 |
Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade |
65 |
Corcheras de competición para piscina municipal de Frigsa |
64 |
Pista multideporte en prazas |
64 |
Ludoteca na Plaza de Abastos |
63 |
Decoración para as rúas no Arde Lucus Arranxo-sustitución do tellado da nave de Frigsa que empregan as asociacións do Arde Lucus |
63 |
Audio
- Rosana Rielo, sobre os Orzamentos Participativos | Descargar mp3 [2]