O goberno de Lara Méndez convida a coñecer o patrimonio lucense a través das visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme
A inscripción debe levarse a cabo enviando un correo á dirección dusilugo@lugo.gal [1] indicando o nome e un teléfono ou e-mail de contacto.
As visitas guiadas e gratuitas, terán lugar os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda.
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Promoción turística,
- Museos e exposicións,
- Xestión cultural,
- Urbanismo
Continuan no mes de setembro as visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme, actividade impulsada polo Goberno de Lara Méndez co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural desta zona da cidade, pola que discorren, ademais, o Camiño Primitivo de Santiago e a Vía Romana XIX, unha actividade gratuíta que terá lugar tódolos xoves, venres e sábado, iniciativa.
As sondaxes (fronte a Porta Miñá), enmarcadas na estratexia Dusi Muramiñae – financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, ocupan unha superficie de 65 m², e corresponden a diferentes etapas históricas, estando o principal vencellado a unha edificación romana.
As visitas guiadas e gratuitas, terán lugar os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda.
- 2, 3 e 4 de setembro ás 18:00 horas.
- 9, 10 e 11 de setembro ás 18:00 horas.
- 16, 17 e 18 de setembro ás 18:00 horas.
- 23 e 24 de setembro ás 18:00 horas e 25 de setembro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.
- 30 de setembro e 1 de outubro ás 18:00 horas e sábado 2 de outubro ás 12:00 horas e ás 18:00 horas.
Os interesados deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dusilugo@lugo.gal [1] indicando o seu nome e un teléfono ou e-mail de contacto, a través do que se lles confirmará a dispoñibilidade para o día e hora solicitada.
Lembrar, que dende a páxina web municipal www.concellodelugo.gal [2] é posible acceder ao Catálogo Arqueolóxico Lvcvs Avgvsti https://arqueolucus.gal/catalogo/gl_index.html [3] no que se atopan recollidos os principais materiais arqueolóxicos do Lugo romano, combinando información textual cos modelos en 3D das pezas arqueolóxicas dixitalizadas.