O Goberno convoca por segundo ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público, con 25 prazas
- Tema
- Emprego público
Venres, 23 de decembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno aprobou este venres a Oferta de Emprego Público para o ano 2016 –sometido á Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de decembro, composta tanto polo Goberno como por sindicatos-, con 25 prazas. A continuación, o Concello poñerá en marcha os procesos selectivos para cubrir cada posto.
Deste xeito, o Goberno convoca por segundo ano consecutivo unha Oferta de Emprego Público, incluíndo prazas cubertas interinamente, as vacantes en Bombeiros procedentes das xubilacións do ano 2015 e as de promoción interna.
Prazas a convocar
- 1 Sarxento de Bombeiros. Promoción interna
- 2 Administrativos. Promoción interna
- 6 Bombeiros Condutor. Libre
- 1 Oficial Vixiante Recaudador. Diversidade funcional
- 2 Auxiliares Administrativos. Libre
- 1 Enxeñeiro de Camiños Promoción Interna
- 2 Arquitectos. Libre
- 3 Cabo Bombeiro. Promoción Interna
- 1 electricista. Promoción Interna
- 2 Oficiais Policía Local. Promoción Interna
- 3 Inspector Policía Local. Promoción Interna
- 1 Inspector Principal Policía Local. Promoción Interna