O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces, que repartirán máis de 6.000€ en premios
As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo -para o certame infantil-, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos
O infantil terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos celebrarase o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural
O Entroido de Lugo abre o prazo de inscrición para os seus dous concursos de disfraces: o infantil, que terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos, que se celebrará o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas e repartirán un total de máis de 6.000 euros en premios. Os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que terá o seguinte percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.
As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo, para o certame infantil, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos.
O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Os premios son os seguintes:
- En canto a nenos e nenas
Individual
1º premio: vale por lote de libros de 50 euros
2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros
Parellas
1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros
Comparsas
1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros
Na categoría de infantil haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos ou bricks, entre outros. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.
- Para os adultos
Individual
1º premio: 500 euros
2º premio: 300 euros
3º premio: 200 euros
3 premios de 50 euros
Parellas
1º premio: 600 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
5 premios de 100 euros
Comparsas
1º premio: 1.100 euros
2º premio: 800 euros
3º premio: 600 euros
7 premios de 200 euros
Documentos
- Bases Consurso Adultos 2019 | Descargar pdf [1]
- Bases Concurso Infantil 2019 | Descargar pdf [2]
Audio
- Carmen Basadre, sobre o entroido | Descargar mp3 [3]