Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello volverá a sacar de inmediato a licitación o contrato da cafetería do Vello Cárcere con rebaixa do canon

O Concello volverá a sacar de inmediato a licitación o contrato da cafetería do Vello Cárcere con rebaixa do canon

Concluíu o prazo de presentación de ofertas sen que se presentase ningunha ao procedemento, que agora volverase a reiniciar

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 18 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que, unha vez concluído o prazo de presentación de ofertas para o contrato de explotación da cafetería do centro sociocultural do Vello Cárcere e dado que non se presentou ningunha, volverase a sacar de inmediato a licitación a prestación do servizo con modificacións nos pregos, referidas á rebaixa do canon a pagar polo adxudicatario. Tamén se admitirán solicitudes de ampliación do horario sempre que neste caso o contratista conte cun servizo de vixilancia para ese horario adicional. Así mesmo, no prego especificarase que é gratis para o adxudicatario o consumo eléctrico e de gas da cafetería.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-volvera-sacar-de-inmediato-licitacion-o-contrato-da-cafeteria-do-vello-carcere-con