O Concello reparará a rede de saneamento da rúa Armanyá, que dá servizo a un cento de veciños, cun investimento de 31.500 euros
Manuel Núñez avanzou estes traballos, que previsiblemente arrincarán neste mes, encamiñados a eliminar as filtracións que se producen nesta rúa. Ademais, aproveitarase para reubicar un cadro eléctrico situado na zona
- Tema
- Infraestruturas
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer este xoves as obras que o Concello acometerá co fin de reparar a rede de saneamento da rúa Armanyá, que dá servizo a un cento de veciños. Trátase dunha actuación encamiñada a garantir as boas condicións dun servizo público como é o saneamento ao mesmo tempo que se responde a distintas peticións dos veciños e veciñas desta zona.
Con estes traballos, que previsiblemente comezarán a finais deste mesmo mes e que contan cun orzamento de 31.500 euros, “o Concello quere acabar coas filtracións que se producen nesta rúa, e que ademais afectan a algún dos edificios”, subliñou Núñez, ao tempo que anunciou que será necesario levantar o pavimento para acometer a óptima reparación da rede de saneamento. Con estas obras, a entidade local tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico situado nesta mesma rúa.
Esta mellora súmase a outras que o Concello está acometendo ou vai a acometer nos vindeiros días na cidade para mellorar os servizos e infraestruturas públicas, como a modificación do saneamento na rúa Ramón Montenegro para eliminar as filtracións de agua nas escalinatas que unen esta zona con Fontiñas, a instalación dun novo sistema de lectura dos contadores de auga, ou o abastecemento en Fontiñas.
Audio
- Manuel Núñez, Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas | Descargar mp3 [1]