O Concello pecha os parques de Rosalía de Castro e da Milagrosa dende esta tarde por ventos e choiva e suspende o mercadiño de mañá neste último espazo
- Tema
- Alcaldía
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo informa de que esta tarde, a partir das 18:00 horas, pechará ao público os parques de Rosalía de Castro e da Milagrosa como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante os avisos de Aemet de rachas de vento de ata 100 quilómetros/hora e a previsión de choivas.
Así mesmo, o Concello decidiu suspender o mercadiño que estaba previsto que acollera mañá o Parque de Milagrosa, como cada vernes.
A reapertura de ambos espazos públicos realizarase previsiblemente na tarde do venres, dependendo da evolución destes fenómenos meteorolóxicos.