Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza cinco obradoiros gratuítos sobre técnicas para mellorar a busca de emprego

O Concello organiza cinco obradoiros gratuítos sobre técnicas para mellorar a busca de emprego

Celebraranse do 14 ao 17 de xuño no Espazo Lab. As persoas interesadas poden inscribirse dende hoxe ata o sábado entregando o formulario no Rexistro municipal

  • Tema
    • Emprego,
    • Fomento do emprego
Luns, 06 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, informou de que o Centro de Información Europea Europe Direct-Lugo organiza cinco obradoiros gratuítos sobre técnicas que axudan a mellorar a busca de emprego. Os talleres desenvolveranse no Espazo Lab a vindeira semana, do 14 ao 17 de xuño, co gallo da V Semana Europea do Emprego.

Estas actividades comezan o martes 14 de xuño co obradoiro As regras de ouro para preparar un curriculum vitae atractivo, das 9:30 ás 13:30 horas. O mércores 15 terá lugar o curso Practicando o aprendido: O meu curriculum vitae, das 9:30 ás 13:30 horas. Para o xoves 16 está previsto o obradoiro Marca persoal e busca de emprego a través das redes sociais, das 9:30 ás 13:30 horas, e outro sobre A Rede Eures, o portal de busca de emprego en Europa, das 12:30 ás 13:30 horas. A programación rematará o venres 17 co obradoiro Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, das 9:30 ás 13:30 horas.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de solicitude a través do formulario de inscrición, que haberá que entregar no Rexistro Xeral do Concello. O prazo abre hoxe e remata o día 11. Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.29.74.73, ou acudir ao Espazo Lab, o Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo.

Audio

  • Ana Prieto, sobre os obradoiros gratuítos | Descargar mp3 [1]

Documentos

  • Solicitude de inscrición | Descargar pdf [2]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-organiza-cinco-obradoiros-gratuitos-sobre-tecnicas-para-mellorar-busca-de-emprego

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/060616_ana_prieto_-_obradoiros_emprego.mp3
[2] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/solicitude_de_inscricion.pdf