O Concello limpa as pintadas na Praza de Santa María
O procedemento de eliminación foi levada a cabo por parte dun operario con formación específica en limpeza de pintadas.
- Tema
- Infraestruturas,
- Residuos,
- Limpeza,
- Urbanismo
A área de Medio Ambiente, limpiou a primeira hora desta mañá as pintadas sitas na Praza de Santa María, diante da escalinata do Pazo Episcopal, que afectaban exclusivamente á pavimentación da mesma, pero “que non alteraban ningún paramento da Catedral de Lugo, nin de ningún outro BIC”, segundo explicou o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.
O edil avanzou que o procedemento de eliminación foi levado a cabo por parte dun operario con formación específica, utilizando un decapante alcalino de baixa densidade e baldeo a media presión cunha distancia segura para evitar danos na pedra.
“Este baldeo a baixa presión realízase incluso para a retirada de mofo ou restos procedentes de actividades de ocio nocturno” apuntou Fernández, ao tempo que incidiu na importancia de eliminar as pintadas no prazo máis breve posible para evitar a penetración da pintura a capas máis profundas da pedra, que esixiría despois un tratamento máis agresivo.
O edil solicitou, unha vez máis, a colaboración veciñal para evitar este tipo de actos vandálicos que danan o patrimonio e a imaxe de Lugo e anima a coidar o noso patrimonio público e denunciar posibles actos vandálicos que se poidan presenciar.
A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, lembra que a cidadanía ten un servizo gratuíto de limpeza de pintadas en edificios da cidade. Para solicitar o mesmo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas [1], debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.