O Concello instalará, co Plan de Barrios, uns 400 metros de varandas en 8 puntos da cidade, o que mellorará sustancialmente a seguridade
O orzamento para a subministración e instalación das varandas, de aceiro, galvanizadas e pintadas en cor azul, é duns 15.600 euros. Concretamente, irán en Noriega Varela, Lamas de Prado, Padre Gómez, Monte Faro, Orquídea, Avenida Breogán, Fontiñas e Alexandre Bóveda
Trátase dunhas actuacións que os propios veciños e veciñas lle demandaron á Alcaldesa nas súas distintas visitas aos barrios, coas que tamén se mellora a contorna urbana
- Tema
- Infraestruturas
O Concello de Lugo instalará uns 400 metros de varandas en 8 puntos distintos da cidade, o que mellorará sustancialmente a seguridade. Así o avanzou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen adiantou que as tarefas, enmarcadas dentro do Plan de Barrios, comezarán a partir do luns.
O orzamento para a subministración e instalación das varandas, de aceiro, galvanizadas e pintadas en cor azul, é duns 15.600 euros. Concretamente, irán nas seguintes localizacións: 115 metros na rúa Noriega Varela (un tramo de 6 metros na zona superior, de 67 metros na intermedia e de 42 na zona inferior), 62 metros na rúa Lamas de Prado, 27 metros na rúa Padre Gómez, en Monte Faro, 6 metros, na rúa Orquídea, 68 metros, e na Avenida Breogán, 16 metros. Ademais colocaranse 30 metros de pasamáns en Fontiñas, á altura do número 129, e 46 metros en Alexandre Bóveda.
Trátase dunhas actuacións que os propios veciños e veciñas lle demandaron á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, nas súas distintas visitas aos barrios, coas que se mellora a contorna urbana con medidas que, como neste caso, aumentan a seguridade viaria e facilitan a mobilidade e o tránsito de peóns.
Audio
- Manuel Núñez, sobre as varandas | Descargar mp3 [1]