O Concello impulsa o Hockey Liña Feminino a través da II Copa Princesa esta fin de semana
Miguel Fernández e Xavier Chao presentaron este evento deportivo que terá lugar os días 28 e 29 de abril no Polideportivo Municipal Daniel Cordido
O edil sinalou que o Concello colabora con este tipo campionatos co fin de dar a coñecer e afianzar máis este deporte que na cidade de Lugo segue a medrar
A celebración desta cita reunirá a equipos chegados de diferentes puntos da península que competirán en tres xornadas diferentes
- Tema
- Deportes
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto ao Presidente do Comité Nacional de Hockey Liña, Xavier Chao, o Presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres, a Vicepresidenta do Club de Hockey Liña Meigas, Helena Méndez e a adestradora das categorías inferiores, María López, acompañados doutras autoridades, presentaron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, a segunda edición da Copa Princesa Hockey Liña Feminino que terá lugar este sábado e domingo no Polideportivo Municipal Daniel Cordido.
Miguel Fernández destacou que “dende o Concello de Lugo e o Club de Hockey Liña Meigas, pioneiro deste deporte na cidade de Lugo, organizamos a Copa Princesa co fin de dar unha maior visibilidade e afianzamento desta disciplina que se atopa en auxe e continúa a medrar na nosa cidade”.
A Copa Princesa reunirá a cinco equipos da Liga Oro Feminina chegados de diferentes puntos da península, dous de eles lucenses e desenvolverase ao longo das xornadas do 28 e 29 de abril, nas que se disputarán os seguintes partidos:
28 de abril
- Xornada 1 ás 10:00 horas: UEMC Hockey Arroyo contra CHL Meigas e ás 11:15 horas Espanya HC contra CP Lostregos Lucus
- Xornada 2 ás 12.45 horas: Fighters Vila-Real contra UEMC Hockey Arroyo
- Xornada 3 ás 17:00 horas: CHL Meigas Lugo contra Fighters Vila-Real e repesca
29 de abril
- Ás 09:00 horas e ás 10:15 horas disputaranse ás semifinais
- Ás 13:30 horas á final
- Ás 14:00 horas entrega de premios
Nesta liña, María López, agradeceu a colaboración do Concello e sinalou que “un dos nosos obxectivos dende o Club, sempre foi o de promover e dar a coñecer o Hockey Liña así como fomentar a súa práctica dende idades temperás, sendo esta unha boa oportunidade para continuar con esta tarefa”.
A competición poderá seguirse en directo, a través do canle de Youtube da Federación Galega de Patinaxe.
Audio
- Miguel Fernández sobre a Copa Princesa | Descargar mp3 [1]