O Concello implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico a través da web www.lugobiodinamico.eu
O novo portal informa sobre o desenvolvemento do programa e fomenta a participación dos veciños e veciñas no mesmo
- Tema
- Medio ambiente,
- Participación,
- Urbanismo
O Concello puxo en funcionamento a web www.lugobiodinamico.eu [1], un portal co que implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico, unha iniciativa dotada con 3,5 millóns de euros coa que desenvolve iniciativas en favor dun urbanismo sostible e un mellor aproveitamento forestal, a nivel económico e ambiental, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e de transformar Lugo nunha cidade máis verde.
Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Enquisa á cidadanía
A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, así como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanía que poderían satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanía pode cubrir a enquisa vía on line, dunha maneira rápida e sinxela, dende hoxe ata o día 30 de abril.
Audios
- Daniel Piñeiro sobre a web Lugo+Biodinámico | Descargar mp3 [2]