O Concello e o Campus Terra programan tres días de actividades para dar a benvida ao novo alumnado a Lugo
Organizan máis dunha vintena de actividades que, baixo o nome ‘aterranocampusterra’, desenvolveranse os días 13,14 e 15 de setembro.
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Educación,
- Centros de ensino,
- Xuventude
O concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto asistiu esta mañá a presentación das actividades que, baixo o nome ‘aterranocampusterra’, desenvolverán conxuntamente o Concello de Lugo e o Campus Terra da USC para darlle a benvida ao novo alumnado, acto no que tamén estivo presente a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.
“O Concello considera clave esta colaboración co Campus Terra no deseño dun completo programa, pensado para dar a benvida aos novos estudantes que se incorporan á institución educativa este curso. Unha vintena actividades compoñen a axenda, que inclúen diferentes visitas guiadas, concertos, xornadas de baile, obras de teatro, entre outras iniciativas”, avanzou Mauricio Repetto.
A maiores, a Biblioteca Intercentros de Lugo e a Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado, estarán operativos para que os novos estudantes poderán coñecer toda a oferta de formación complementaria que lles ofrece a universidade.
Para asistir ás actividades será obrigatorio o uso da máscara, excepto nos concertos mantel, nos que estará permitido sacala no momento en que se estea comendo ou bebendo. Deben manterse todas as medidas sinaladas pola organización, e respectar as distancias na entrada e na saída de cada unha das actividades.
As inscripcions para os 5 concertos e a representación teatral, faránse a través do correo: cultura.lugo@usc.gal [1], indicando, nome, apelidos e teléfono de cada un dos asistentes, actividade á que desexa asistir, data e horario da actividade. Para as restantes actividades a inscrición deberá realizarse a través da aplicación:
- Visitas guiadas á Domus do Mitreo: https://forms.office.com/r/63aestkkcb [2]
- Visitas guiadas con Guido Guía: https://forms.office.com/r/whgaejvsj9 [3]
- Bailando cos corpos: Colectivo Glovo: https://forms.office.com/r/uphxuwkcgq [4]
- Biblioteca: https://forms.office.com/r/eyhqhbthgk [5]
- Voluntariado: https://forms.office.com/r/ahjhs1dn4e [6]
- Servizo de normalización lingüística: https://forms.office.com/r/ytflbnik6u [7]
- Mobilidade internacional : https://forms.office.com/r/9parnhbxvn [8]
- Centro de linguas modernas: https://forms.office.com/r/60qczamhg6 [9]
- Teatro: https://forms.office.com/r/lg2bnynmdv [10]
- Danza: https://forms.office.com/r/lg2bnynmdv [10]
- Fotografía de rúa: https://forms.office.com/r/qgare5cgwz [11]
- Dobraxe : https://forms.office.com/r/je6hl8pjsb [12]
- Deportes: https://forms.office.com/r/2dgtct5nth [13]
Máis info
- Cartaz "Actividades - Benvida Campus Terra" | Descargar pdf [14]