O Concello de Lugo súmase á Hora do Planeta apagando as luces da Muralla, a Catedral, a Fonte do Rei e a da Matrona e o Consistorio
As luces apagaranse mañá sábado 19 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas, simbolizando o compromiso da entidade local na loita contra o cambio climático
- Tema
- Medio ambiente,
- Consumo
O Concello de Lugo súmase unha vez máis á Hora do Planeta, e mañá sábado, 19 de marzo, comprométese a apagar as luces correspondentes ao alumedado público da Muralla de Lugo, a Catedral, a Fonte do Rei e a da Matrona e a do edificio da Casa Consistorial, dende as 20:30 ás 21:30 horas, simbolizando o compromiso da entidade local contra o cambio climático.
Esta campaña está promovida pola organización internacional WWF, dedicada á conservación da natureza, e apoiada por Nacións Unidas, á que se adheriron máis de 172 países, máis de 10.000 cidades e 1.300 millóns de edificións emblemáticos o pasado ano 2015.
O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, subliñou que con este xesto, queremos contribuír de xeito simbólico á defensa do medio ambiente e sensibilizar aos lucenses da loita contra o cambio climático, que é unha responsabilidade social. Neste senso, o edil convidou aos veciños e veciñas a sumarse a esta iniciativa, que leva por lema Apaga la luz y cambia por el clima. Ahora es el momento, á que xa se adheriron a día de hoxe 300 cidades de España e 178 países.
Audio
- Daniel Piñeiro, sobre o apoio de Lugo á Hora do Planeta|Descargar mp3 [1]