O Concello de Lugo súmase á celebración do Día de Europa cun acto institucional celebrado na Praza Maior
Este acto pon fin a unha semana na que se realizaron diferentes actividades sobre emprego e a Unión Europea
- Tema
- Alcaldía,
- Emprego
O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe o acto institucional organizado polo Concello para conmemorar o Día de Europa que se celebra como cada ano o 9 de maio. No acto ademais de membros da Corporación tamén participou o Eurodeputado socialista, José Blanco.
Durante o acto institucional que festexou esta celebración levouse a cabo o izado da bandeira de Europa na Casa do Concello. Ademais, instalouse unha mesa informativa que durante toda a mañá informará aos cidadáns sobre a lexislación comunitaria e desenvolveranse actividades dirixidas ós nenos e nenas na Praza Maior.
Estas actividades poñen o punto e final a unha semana de actividades relacionadas coa busca activa de emprego e a formación relacionadas co programa Lugo Emprego Activo 2 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.