O Concello de Lugo sumarase á petición de declaración BIC da Finca de Garañón para evitar a súa edificación
- Tema
- Urbanismo
O Goberno Local mantivo hoxe unha reunión para tratar o tema da edificación da Finca de Garañón na que deu a coñecer a súa proposta, baseada no apoio á petición de declaración BIC da parcela. Na reunión participou o Goberno local, así como representantes dos grupos políticos con representación no Concello, membros da Asociación en Defenda do Parque, técnicos municipais e a promotora da edificación.
Neste sentido, o Concello de Lugo considerou que a mellor das opcións existentes se atopa na declaración BIC por parte da Xunta de Galicia da parcela o que evitaría a súa edificación, tal e como se ven reclamando e eximiría ao Concello de ter que acometer indemnizacións.
Así mesmo, como xa fixo no seu momento o Concello conseguindo reducir un 28% a edificabilidade e aumentar un 48% as zonas verdes, o Equipo de Goberno comprometuse a seguir traballando para acadar un acordo satisfactorio para a finca do Garañón.