Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo secundou a multitudinaria manifestación en apoio ao sector lácteo

O Concello de Lugo secundou a multitudinaria manifestación en apoio ao sector lácteo

O Concello de Lugo secundou este venres a manifestación en apoio do sector lácteo convocada polas organizacións agrarias en Santiago de Compostela

  • Tema
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural
Venres, 17 de xullo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo secundou a multitudinaria manifestación en apoio ao sector lácteo

O Concello de Lugo secundou este venres a manifestación en apoio do sector lácteo convocada polas organizacións agrarias en Santiago de Compostela. A entidade local, que fretou un autobús, reforza deste xeito o seu compromiso cun sector “fundamental” para Lugo, tras integrarse na Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego. O voceiro e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, participou nesta mobilización para esixirlle ao Goberno central e á Xunta “solucións políticas inmediatas” que poñan fin á situación “insostible” que están a vivir os gandeiros. 

 


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-secundou-multitudinaria-manifestacion-en-apoio-ao-sector-lacteo