O Concello de Lugo reanuda esta semana a lectura dos contadores da auga
A área de Medio Ambiente solicita á cidadanía que manteña abertos os cuartos nos que se atopan os dispositivos para evitar, na medida do posible, o contacto humano durante o proceso.
- Tema
- Alcaldía,
- COVID-19,
- Auga
O Concello de Lugo reanudaba este luns o servizo de lectura de contadores da auga, suspendido dende o inicio do Estado de Alarma como medida de prevención para evitar a propagación do coronavirus.
Na xornada de hoxe o persoal do servizo, provisto axeitadamente dos equipos de protección individual correspondentes, retomaba estas tarefas que se concentrarán naqueles inmobles nos que a toma de datos se pode realizar en instalacións independentes á vivenda.
Deste xeito, a área de Medio Ambiente solicita á cidadanía que manteña abertos os cuartos nos que se atopan os dispositivos para evitar, na medida do posible, o contacto humano durante o proceso. De forma que os traballadores municipais non poderán acceder ao interior dos domicilios para realizar a comprobación sendo, neste caso, os usuarios os que trasladen dita información á administración local chamando ao 010 e, non sendo así, o cálculo do consumo procederá a facerse por estimación.
Audio
- O edil Álvaro Santos, sobre á lectura de contadores da auga | Descargar mp3 [1]