Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo publica a acta do concurso para a redacción do proxecto do antigo cárcere

O Concello de Lugo publica a acta do concurso para a redacción do proxecto do antigo cárcere

  • Tema
    • Economía
Martes, 25 de agosto de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publicou xa no Perfil do Contratante do portal web www.lugo.es [1] e no Taboleiro de Anuncios do Concello a acta do xurado do concurso para a redacción do proxecto, dirección da obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial de Lugo.

Esta acta foi aprobada pola Xunta de Goberno Local celebrada o pasado mércores 19 de agosto polo que se ratificou a selección dos admitidos para a segunda fase do concurso para a redacción do proxecto incluído dentro do Plan Urban.

Convidarase a presentar as propostas de anteproxectos aos seguintes participantes seleccionados polo xurado que obtiveron a maior puntuación na primeira fase:

1.- Ignacio Mandaro Corsini

2.- Creuse Carrasco Arquitectos S.L.P.

3.- Alfredo Freixedo Alemparte.

4.- José Luis Pereiro Alonso.

5.- Alfonso Penela Fernández.

O prazo para a presentación dos anteproxectos é de 45 días a contar dende o día seguinte ao de publicación da acta do xurado no Taboleiro de Anuncios e no perfil do contratante no portal web do Concello de Lugo.

O xurado para a selección dos candidatos á redacción do proxecto estivo presidido pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e composto por un representante da Deputación Provincial de Lugo, un representante do Grupo Municipal do Partido Popular, un Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, a Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, o interventor xeral do Concello a titular da Asesoría Xurídica do Concello, un arquitecto representante de Caixa Galicia, un arquitecto adscrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, un arquitecto designado pola Universidade da Coruña, dous arquitectos municipais e a directora do proxecto URBAN do Concello de Lugo.

Plan Urban [2]


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-publica-acta-do-concurso-para-redaccion-do-proxecto-do-antigo-carcere

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/urban