Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo pon en marcha o servizo Bus Búho na noite de Fin de Ano

O Concello de Lugo pon en marcha o servizo Bus Búho na noite de Fin de Ano

  • Tema
    • Protección da comunidade
Martes, 30 de decembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Transportes que dirixe José Rábade, porá en marcha na noite de mañá 31 de decembro, o coñecido como Bus Búho que funcionará desde a 01:00 da madrugada ata as 08:00 da mañá.

Mandáronse cartas informativas aos establecementos hostaleiros da cidade co horario deste servizo especial da noite de fin de ano para informar á poboación e se colocou información nos propios autobuses xa que para o equipo de Goberno é importante que a xente deixe o coche na casa e o pase ben, sen riscos ao volante.

ITINERARIOS E HORARIOS
PUNTO DE SAÍDA HORA (aproximada)
Rda.Muralla ( Sindicatos ) 00:00
Avda Coruña 00:05
Garabolos
Flor de Malva
Sto.Grial 00:10
Camiño Real 00:15
Valle Inclán
Rúa dos Guardias
Lamas de Prado 00:20
Alfredo Brañas
Avda Breogán
Avda Américas 00:30
Fonte dos Ranchos
C/Chantada
Rda Muralla
R/Villalba 00:35
Ramón Ferreiro
Rúa Armórica
Aviación Española 00:40
Alfonso X ,o Sabio
Estrada da Granxa
Avenida Carvalho Calero 00:45
Avenida Pablo Iglesias
Avenida de Madrid
Ronda de Madrid
Ronda Xosé Castiñeira
Ronda das Fontiñas
Estación do Ferrocarril 00:55
Rúa Castelao
Ronda Muralla Sindicatos 00:00

- A tarifa dos billetes será a que está en vigor ao longo do ano e poderanse empregar os bonos.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-pon-en-marcha-o-servizo-bus-buho-na-noite-de-fin-de-ano