O Concello de Lugo organiza un novo ciclo de Videoforum Infantil
- Tema
- Igualdade
O Concello de Lugo organiza, un ano máis dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias o novo ciclo de Videoforum Infantil no que se utiliza o recurso da imaxe como ferramenta pedagóxica.
Dende fai catro anos comprobouse que a través do cine vivencianse emocións e situacións; propician poñerse no lugar do outro e sentir como éste o pode estar pasando, en definitiva incentiva a comprensión do outro desenvolvendo a empatía.
No videoforum infantil o Concello pretende dotar aos pequenos de ferramentas para a construción da súa propia opinión e ofrecer un espazo para pensar, reflexionar e interactuar en grupo ou individualmente. É un exercicio de reforzo dos potenciais e valores humanos. O obxectivo é reforzar a conciencia crítica, a visión das situacións dende moitos puntos de vista e desenvolver os valores fundamentais como son a bondade, a xustiza, o respecto.
Durante 10 sesións repartidas polos meses de verán, xullo, agosto e setembro, traballaranse os valores que desprenden as películas, decodificando a linguaxe das imaxes e así enriquecer os criterios de xuízo dos pequenos.
As sesións levaranse a cabo no Local Social Díaz Castro, todos os mércores de 18:00h a 20:00h. Unha monitora introducirá ós pequenos na película e o finalizar o visionado faranse dinámicas acerca dos contidos do filme.
Este novo ciclo comezará coa fantástica versión de Enzo D´Alò sobre a novela de Michael Ende MOMO.