Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo organiza un curso de formación ocupacional en madeira para 10 desempregados

O Concello de Lugo organiza un curso de formación ocupacional en madeira para 10 desempregados

  • Tema
    • Economía
Martes, 23 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organizou para o mes de maio un curso de formación ocupacional en madeira dirixido a persoas desempregadas ou que desexen mellorar a súa situación laboral e que residan na zona Urban.

Ofértaranse un total de 10 prazas para as que terán preferencia aqueles colectivos en risco de exclusión social e mulleres.

Os interesados en participar neste curso, que terá unha duración de 410 horas, poderán realizar a súa prescrición ata o 5 de marzo na Oficina do Plan Urban [1] (Casa do Concello, Praza Maior nº 1, teléfono: 982 297 390) ou a través do correo electrónico urban@concellodelugo.org [2].

Esta actuación está incluída na iniciativa urbana Proxecto Urban que está a desenvolver o Concello de Lugo e que conta co 70% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional .


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-organiza-un-curso-de-formacion-ocupacional-en-madeira-para-10-desempregados

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/urban
[2] mailto:urban@concellodelugo.org